TEATRO COMUNITARIO

“SeráN'Aboal”: "Once mulleres veciñas de catro xeracións de Aboal representarán tradicións do seu pobo. Dos Seráns ao San Xoán lembraremos vivencias da terra. Que acontecementos de inusitado interese ocorrerían nesas festas? SeráN'Aboal?".

Este Obradoiro de Teatro Comunitario foi promovido polo Concello de Mondariz, orientado a recuperar o patrimonio cultural inmaterial da parroquia a través da memoria e da expresión artística.

Teatro Comunitario é o teatro da comunidade feito pola e para a comunidade. Nace da vontade comunitaria de reunirse, organizarse e comunicarse. 

O obxectivo é recuperar a memoria colectiva das parroquias e atopar outro xeito de contar a nosa historia a través do teatro.

Cada lugar ten unha historia e esa historia co pasar do tempo convértese en memoria. Queremos deixar esas historias e memorias vivas e imortais nesta comunidade.

Queremos contar esas memorias para as persoas da comunidade, para que todas saiban as historias que pasaron nese lugar, as memorias que seguen vivas. A idea é eternizalas, para que as persoas de hoxe e do futuro poidan acceder a elas e pasalas adiante. 

A través do coñecemento da historia podemos valorar máis a nosa terra, o noso contorno, a nosa comunidade, a nosa xente e entender máis as nosas referencias, costumes. É moi importante para a sociedade esa conciencia da historia a través das memorias. É unha herdanza cultural e histórica para nenas e nenos.

Conectamonos cos nosos antepasados, entendemos moitas cousas que pasaron con elas e eles e a partir diso comprendemos o que nos pasa hoxe.

O que non se usa, pérdese e non queremos perder esa memoria colectiva histórica.

Todas as persoas independentemente das condicións (sociais, edades, relixións, identidades, nacionalidades etc) poden participar e serán moi benvidas.

“O-VELLA”: “Revivimos as lembranzas e aventuras, recordadas pola veciñanza, de persoas de distintas idades e animais singulares da historia de Meirol, percorrendo as pegadas que deixaron nas súas andainas pola parroquia. Que pasará en Meirol coa xuntanza deses seres? É que eu non o peeeeeeeeeeerdo!!!!!".
Ir al contenido